Como planificamos unha sesión II

14 de febreiro, 2019 - Estudio - Comentarios -

Continuamos falando da planificación de unha sesión, na anterior entrada falabamos de que o primeiro paso é abordar o tema dos escenarios; para as fotos de pixama plantexamos crear un escenario tipo habitación polo que aproveitamos unha parede para mediante o empapelado e con posterioridade engadir algúns elementos convertela nunha habitación.

As fotografías con Look Casual realizarémolas sobre fondo branco e as fotos son explosión de cor sobre fondo negro aplicando mediante luces e efectos especiais diferentes cores.

Deixamos aquí un vídeo do proceso de creación do set de Habitación.

Deixa un comentario

Como planificamos unha sesión?

02 de febreiro, 2019 - Estudio - Comentarios -

Planificar un traballo é a mellor maneira de conseguir o éxito final. As veces as circunstancias non permiten esa planificación polo que un profesional debe estar preparado para resolver calquera circunstancia tirando dos recursos que sexan necesarios, a imaxinación ou a experiencia profesional, entre outros, aportan eses valiosos recursos para resolver esas circunstancias pero no caso de poder planificar sempre se debe facer. Na fotografía de estudio a planificación é o primeiro paso como explicamos na nosa web: https://www.josegorisconchirivera.com/lang/gl/sesions1/planificando-a-tua-sesion e hoxe vamos comezar unha serie de entradas explicando paso a paso da planificación de unha sesión real.

A sesión está marcada para o próximo 23 de Febreiro as 16:30, tratase de unha sesión de 6 amigas e indicannos que desexan facer fotografías con tres ambientes distintos en esta orde:

-Fotografías en Pixama

-Fotos con un look Casual

-Fotos alegres con explosión de cores

Sabendo isto o primeiro paso é resolver cada un dos escenarios, e por aquí vamos comezar.

Na seguinte entrada abordaremos os escenarios.

Deixa un comentario

Sesión Premamá Mery

14 de xaneiro, 2019 - Estudio - Comentarios -

Así fixemos a sesión de estudio de Premamá de Mery. Foi divertido e obtivemos uns resultados optimos.

Xa estamos desexando que chegue Gael.

Deixa un comentario