Luzes Nadal Vigo 2018/2019

09 de decembro, 2018 - Postais de Vigo - 1 Comentario -

Abrimos unha entrada onde colocaremos un álbum de fotografías do alumeado de Nadal deste ano en Vigo,esperamos que vós resulte interesante.

Deixa un comentario

A Fada e o Dragón

16 de marzo, 2018 - Postais de Vigo - Comentarios -

Obra de Xaime Quessada topase situada no Paseo de Alfonso, Representa unha fada con duas frautas sentada sobre o lombo de un dragón con asas. Parece que con esta obre o artista quis homenaxear a rica cultura oral de Galiza, aos poetas, cantores e trovadores medievais que, como Martín Codax, Pero Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño, cantaron as bondades do mar de Vigo, 

Deixa un comentario

Praza da Farola e Rua Urzaiz

10 de febreiro, 2018 - Postais de Vigo - Comentarios -

A Farola da rúa Urzáiz non e un poste de iluminacion é obra de Jenaro de la Fuente e é un monumento centenario de Vigo que foi construído no seu local actual a mediados do século XX.En 1972 foi trasladada para Bouzas por causa da celebración da I Feira Mundial da Pesca e alí ficou durante anos para ser despois devolta ao seu local orixinal. Este impresionante monumento de pedra e ferro fundido, cheo de brazos de luz, é un dos tesouros do patrimonio civil de Vigo.

Deixa un comentario

Rua Cesteiros ou da Cesteria

08 de febreiro, 2018 - Postais de Vigo - Comentarios -

Está é unha das rúas mais tradicionais de Vigo e na que talvez se mostre mais que en ningunha outra a relación desta cidade co mar, nela, daí o seu nome, era abundantisimo o comercio de utensilios de vime que eran utilizados pola xente do mar para as sua labores diarias.

 

Deixa un comentario

Rua Real com Travessa da Esperança

07 de febreiro, 2018 - Postais de Vigo - Comentarios -

Esta é unha das principais rúas do casco vello vigués, a rúa Real começa no Berbés e sube ata a Concatedral nesta praza conflue nela a Travesia da Esperanza que nos conduce ata a rúa Chao:

Deixa un comentario