Historia de Amaya

15 de outubro, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

Reportaxe doble Comuñón de Amaya. Localización  plató Castrelos e Museo do Mar

Deixa un comentario

Foto da Ponte de Rande

13 de outubro, 2019 - Fotografia Decorativa - Comentarios -

O dia prometia e decidi sair buscar fotos o que significa  sempre arriscar sem saber o final.

Deixa un comentario

Packs Orlas Universitarias 2019/2020

10 de outubro, 2019 - Orlas e Foto Escolar - Comentarios -

Packs de orlas universidad 2019-2020. Coa DreamSession dámosche a oportunidade de facer esas fotos coas que sempre soñaches.

Deixa un comentario

Colocación de Vinilos Decorativos

03 de outubro, 2019 - Fotografia Decorativa - Comentarios -

Decoración de ventanais no Colexio Calasancias de Vigo con vinilos traslucidos de diversas fotografias da ria de Vigo.
O espazo pasou de ser un corredor escuro a un lugar que desprende maior vistosidade e alegria.

Deixa un comentario

Naty+Rubén-Momentos

10 de setembro, 2019 - Casamentos - Comentarios -

Deixa un comentario

Amaya

07 de setembro, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

 Pois si, onte fixemos a sesión de exteriores de Amaya, foi unha tarde de traballo tanto para Amaya como para nós pero o importante é que conseguimos os resultados esperados.

Comezamos en Castrelos, a nosa intención era a de situar a nosa modelo nun ambiente de pedra e verde xogando coa entrada de luces a través das arbores.

De segunda opción quixemos probar un lugar que aínda non fotografaramos profesionalmente, "Villa Solita", este local aportaba un ambiente vintage as fotos que nos pareceu moi adecuado para a nosa modelo.

Para rematar acercámonos ao Museo do Mar, un espazo é realmente interesante xa que nos aportou tres ambientes diferentes, en primeiro lugar fotografamos a Amaya sola co fondo do faro complementando coas rocas, tamén puidemos realizar algunhas fotos de Amaya paseando pola praia coa súa mamá Vanesa e a súa aboa María.

Despois subimos ao Museo e realizamos fotos onde xogamos coa arquitectura do propio edificio, liñas horizontais e verticais, ventás e o propio chan que proporcionan as fotos unha marcada profundidade todo dentro da maxia que lle proporciona ao lugar a impresionante paisaxe marítima coas Cíes de fondo.

Xa ao final baixamos a pequena Praia da esquerda do Museo para fotograr a Amaya ao Por do Sol, fotos románticas e entrañables brincando coa auga e coa súa nai.

E como non pode ser doutra maneira e para non variar os costumes, modelo e fotógrafo acabaron na auga, iso si: Pasámolo ben, ben!!!!

Grazas Amaya por nos soportar durante toda a tarde dando sempre o mellor de ti, és unha modelo espléndida.


Grazas Vanesa e María por confiar en nós, espero que os resultados finais sexan o que buscabades.

 

Deixa un comentario

Sesión Exteriores Amaya

06 de setembro, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

Hoxe temos, para completar a reportaxe de Comuñón de Amaya, a sesión en exterior; fainos moita ilusión esta sesión que levamos tempo por unhas causas ou por outras adiando.  Amaya é unha modelo super natural, divertida e espontánea como xa nos deixou ver na sesión en plató, así que co planing feito o dia que parece que vai acompañar a complicidade de Amaya e o que nós poidamos aportar esperamos divertirnos e obter uns resultados óptimos.

Que chegue a hora xa!!

Deixa un comentario

A Historia de Naia

17 de xullo, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

Deixa un comentario

Sesión Estudio Equipo Corazón

13 de xullo, 2019 - Estudio - Comentarios -

Onte realizamos unha das Sesións de Estudio mais divertidas, 6 mozas chas de vitalidade que a pesar do calor insoportable non deoxaron de disfrutar de cada foto e de cada pose. Por estas cousas un disfruta tanto do seu traballo.

Aquí vos deixamos o video dos preparativos.

Grazas Mozas!!!

Deixa un comentario

Inauguración Exposición "Vigo é Rural"

04 de abril, 2019 - Dia a Dia - Comentarios -

Onte as 19:00 horas inauguramos no Colexio Calasancias a exposición "Vigo é Rural" exposición enmarcada dentro do proxecto "Vigo non é de Plástico"que está realizando o colexio.

Con unha alta asistencia de público, na maioría familias dos alumnos do cole.

Despois da benvida e de unhas interesantes palabras sobre o que nos congregaba alí por parte do director do Centro e da Directora Pedagóxica que remarcou con todo o merecemento o traballo de algúns dos alumnos da ESO con os que comparto espazo expositivo, puiden explicar as persoas que nos acompañaban un pouco por encima como foi o proceso de creación desta serie fotográfica.

Mais tarde visitamos a mostra e detivémonos en algunha das fotografías para comentar en que lugar estaba feita ou algunha outra particularidade que chamaba a atención dos asistente.

Foi un dia de moito traballo pero foi un dia bonito.

Lembrade que a expo estará aberta ata o dia 31 de Maio con o seguinte horario:

de Luns a Xoves de de 17:00 a 19:00 e os Venres de 16:00 a 18:00

 

Deixo aquí algunha das fotos do acto de onte

Deixa un comentario

Enigma Descuberto

29 de marzo, 2019 - Dia a Dia - Comentarios -

O outro dia abría un fío enigmático, nel aparecía simplemente unha imaxe dun embalaxe que indicaba mercancía moi fráxil, que significaba esa entrada?

A resposta está neste vídeo:

Espérovos a todxs!!!!

Deixa un comentario

Enigma

27 de marzo, 2019 - Dia a Dia - Comentarios -

Que enigma gardará ese paquete? podo prometer que dentro del encerrase un mundo por descubrir, permanecer atentos en breve mostraremos o seu interior.

Deixa un comentario

Como planificamos unha sesión II

14 de febreiro, 2019 - Estudio - Comentarios -

Continuamos falando da planificación de unha sesión, na anterior entrada falabamos de que o primeiro paso é abordar o tema dos escenarios; para as fotos de pixama plantexamos crear un escenario tipo habitación polo que aproveitamos unha parede para mediante o empapelado e con posterioridade engadir algúns elementos convertela nunha habitación.

As fotografías con Look Casual realizarémolas sobre fondo branco e as fotos son explosión de cor sobre fondo negro aplicando mediante luces e efectos especiais diferentes cores.

Deixamos aquí un vídeo do proceso de creación do set de Habitación.

Deixa un comentario

II Carreira Calvario 5+5

11 de febreiro, 2019 - Dia a Dia - Comentarios -

Este Domingo, do mesmo xeito que fixemos o pasado ano, estivemos na zona onde se situa a nosa tenda realizando fotografias durante a II Carreira Calvario 5+5, e tamén do mesmo xeito que o ano pasado colgámolas no noso site para descárga gratuita por parte daqueles participantes que o desexen coa unica diferenza de que este ano temos moitas mais fotografias.

Se participachese na carreira accede aos álbuns premendo encima da foto correspondente localizate entre os 6 álbumes e mais de 1000 fotos que realizamos e descarga as túas fotos :

  

 

 

Se algunha persoa quere eliminar a súa foto da galeria de álbumes enviennos un mail a viluxfotografia@gmail.com indicandonos a referencia da fotografia e será eliminada a maior brevidade.

Deixa un comentario

Como planificamos unha sesión?

02 de febreiro, 2019 - Estudio - Comentarios -

Planificar un traballo é a mellor maneira de conseguir o éxito final. As veces as circunstancias non permiten esa planificación polo que un profesional debe estar preparado para resolver calquera circunstancia tirando dos recursos que sexan necesarios, a imaxinación ou a experiencia profesional, entre outros, aportan eses valiosos recursos para resolver esas circunstancias pero no caso de poder planificar sempre se debe facer. Na fotografía de estudio a planificación é o primeiro paso como explicamos na nosa web: https://www.josegorisconchirivera.com/lang/gl/sesions1/planificando-a-tua-sesion e hoxe vamos comezar unha serie de entradas explicando paso a paso da planificación de unha sesión real.

A sesión está marcada para o próximo 23 de Febreiro as 16:30, tratase de unha sesión de 6 amigas e indicannos que desexan facer fotografías con tres ambientes distintos en esta orde:

-Fotografías en Pixama

-Fotos con un look Casual

-Fotos alegres con explosión de cores

Sabendo isto o primeiro paso é resolver cada un dos escenarios, e por aquí vamos comezar.

Na seguinte entrada abordaremos os escenarios.

Deixa un comentario

Sesión Premamá Mery

14 de xaneiro, 2019 - Estudio - Comentarios -

Así fixemos a sesión de estudio de Premamá de Mery. Foi divertido e obtivemos uns resultados optimos.

Xa estamos desexando que chegue Gael.

Deixa un comentario

Grazas por confiar en nós

22 de decembro, 2018 - JoseGorisConchiRivera weddingphoto - Comentarios -

Grazas por confiar no noso traballo durante este ano que agora remata, continuamos con mais ganas e forza para a nova temporada que iniciamos en breve.
Grazas

 

José e Conchi

Deixa un comentario

Luzes Nadal Vigo 2018/2019

09 de decembro, 2018 - De paseo por Vigo - 1 Comentario -

Abrimos unha entrada onde colocaremos un álbum de fotografías do alumeado de Nadal deste ano en Vigo,esperamos que vós resulte interesante.

Deixa un comentario

Postboda Marina, David e Kira

13 de abril, 2018 - Casamentos - Comentarios -

Deixa un comentario

Hitlighs Marina e David

12 de abril, 2018 - Casamentos - Comentarios -

Resumo do video de MMarina e David

Deixa un comentario

Reconquista 2018

08 de abril, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Festa Rachada!!!!!!!!!!!!!!!!!

Deixa un comentario

Album Marina e David

07 de abril, 2018 - Casamentos - Comentarios -

Hoxe chegounos o Album de Marina e David, despois de todo o proceso que comenzou hai xa algún tempo e despois das vivencias xuntos hoxe temos nas maos o resultado final e estou ben contento como ficou o album só aguardo que eles sintan o mesmo que eu, a satisfación de un traballo ben feito.

Teño que agradecer a Marina e David  que confiaran en min e me permitiran facer parte de un evento tan especial nas suas vidas.

 

Grazas amigos!!!

Deixa un comentario

Creación de un decorado de Comuñón

03 de abril, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

O oficio de fotógrafo non é soamente apertar o disparador e foto feita, por trás diso hai una investigación constante de composición de luz de decorados, poses etc. etc.

Facer esta foto levoume unha semana de traballo, primeiro imaxinei a foto e a partir daí comencei a traballar comprando todo o necesario para construir o decorado despois preparando a parte electrica montando todas as lamparas e instalando no estudio todo o necesário para que cada luz ficara onde eu queria, ao final compuxem a foto co primeiro que tiña a mao, esas flores, porque o importante era conseguir esa iluminación que vai ser este ano un dos decorados da campaña de comuñóns 2018.

Deixa un comentario

Festa da Reconquista de Vigo

29 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Foi no ano 2011 que tiven a honra de representar a Festa da Reconquista. e a cidade de Vigo. co deseño do cartaz das festas dese ano que se titulaba "Bandeiras de Loita e Liberdade" con anterioridade, premonitoria-mente, ficara como finalista con outro deseño. A festa da Reconquista son unas celebracións que desfuto especialmente polo significado histórico e popular que teñen e na cales procuro integrarme vestindo roupas da época e desta maneira vivir toda a festa desde dentro.Anímovos a participar e gozar das nosas tradicións.

Este foi o deseño gañador daquel ano.

Deixa un comentario

Semana Santa 2006

26 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

No 2006 tiven a ocasión de fotografar a Semana Santa en Sevilla, descubrín da mao de un guía estupendo, a paixón coa que viven naquelas terras esa festividade, as procesións ofrecen a posibilidade de tirar fotografías espectaculares  onde os sentimentos afloran nos rostros das persoas.Deixo aquí un resumo fotográfico daquela experiencia que tanto disfrutei. 

Deixa un comentario

Boas vindas Primavera

21 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Onte, a pesar do frio comenzou a primavera, un novo ciclo vital inicia co agromar da vida en toda a natureza, de novo fomos quen de vencer as tebras e o inverno, vamos lá con entusiasmo ver que nos depara esta etapa, sorte a tod@s.

Deixa un comentario

Espacios de Confusión

19 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Cada dia gustame mais a fotografia en blanco e negro, será a  força que lle imprime a ausencia de cor que permite expresar mellor os sentimentos e centrar nas formas que encerra a imaxe toda a atención, non sei, tal vez sexa iso ou quizas outra cousa mas sinto cada vez mais a sua atración.

Deixa un comentario

Antes VS Agora

17 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Eis unha comparativa do que foi e do que é a minha tenda, estou contentisimo do resultado é unha desas cousas que te axudan a continuar a traballar con o entusiasmo do primeiro dia.

Deixa un comentario

A Fada e o Dragón

16 de marzo, 2018 - De paseo por Vigo - Comentarios -

Obra de Xaime Quessada topase situada no Paseo de Alfonso, Representa unha fada con duas frautas sentada sobre o lombo de un dragón con asas. Parece que con esta obre o artista quis homenaxear a rica cultura oral de Galiza, aos poetas, cantores e trovadores medievais que, como Martín Codax, Pero Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño, cantaron as bondades do mar de Vigo, 

Deixa un comentario

Renovarse ou...

16 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Renovarse ou...

Na vida profesional é obrigatorio adaptarse aos tempos, adaptarse as novas tecnoloxías, adaptarse as novas visións do negocio; as mudanzas non paran e fan imprescindible a renovación da mentalidade, dos equipos e dos espazos de traballo. Estes dias estivemos modificando a tenda para adaptala as novas formas de traballo nas que agora estamos inseridos, a venta de material e revelado deixa paso a un traballo mais profesional así que o que antes estaba pensado para atender a un publico concreto agora convertese nun espazo de atención mais personalizada nas diferentes areas do traballo, e o que antes era tenda agora convertese en estudio.

Continuamos avanzando.

Eis as fotos da nova tenda

Deixa un comentario

13 Mulleres fotógrafas

08 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Calquera dia é bo para falar de fotografas ora hoxe até é especialmente bo, preme na foto para acceder ao contido.

Deixa un comentario

VIII Cross Monterrey

07 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

O pasado Domingo celebrouse o VIII Cross Monterrey, eu encargueime de deixar rexistrado en imaxes o acontecemento. O Cross foi un éxito tanto de participantes como de publico, os atletas esforzáronse ao máximo  e iso é o que eu intentei deixar rexistrado nas tomas.

A reportaxe componse de 878 fotografías, unha gran cantidade de imaxes con a intención de deixar ao máximo posible de participantes rexistrado, todas as fotos están cargadas na nosa web en 5 albumes diferentes cada un deles inclúe unha parte da reportaxe e aparecen en orde cronolóxica.

Para acceder os albumes preme encima de cada icona, unha vez dentro do álbum localiza as fotos que desexas descargar e preme en baixar.

 

 IMPORTANTE: SE ALGUÉN NON DESEXA QUE AS SUAS FOTOS APAREZAN NA WEB QUE NOS ENVIE UN MAIL A viluxfotografia@gmail.com INDICÁNDONOS A REFERENCIA DAS IMAXES E NO MENOR PRAZO POSIBLE RETIRARÉMO-LAS DA WEB

      DISFRUTAR DAS FOTOS

Deixa un comentario

VIII Cross Colexio Monterrey

04 de marzo, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Hoxe tocou fotografar deporte, foi no Colexio Monterrey que celebrou o VIII Cross Colexio Monterrey con un absoluto exito de participantes e publico, deixo, para abir boca, unha minima mostra das fotos que tirei, en breve podereis ver as demais.

Deixa un comentario

No Castelo de Souto Maior

28 de febreiro, 2018 - Casamentos - Comentarios -

O Branco e Negro otorga umha forza especial as imaxes, remarca mais a intensidade da acción xa que ao prescindir da cor todo o protagonismo está no momento fortografado sen interferencias.

Deixa un comentario

Album Kids

27 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Este é un novo modelo de album pensado para Comuñóns, en tamaño 20x20 o acabado pódese convinar con diversas cores e materiais, a presentación é sempre nunha caixa que ao igual que o album tamén pode ser convinada con diversos materiais.

Deixa un comentario

Abrazos de Casamentos

27 de febreiro, 2018 - Casamentos - Comentarios -

Os casamentos son eventos cheos de emocións e sentimentos por parte dos noivos e dos convidados, nos momentos previos, e no propio instante da ceremonia, eses sentimentos estan a flor de pel e dominan todas as situacións, é cando a cerimonia remata que eses sentimentos se expresan por medio dos abrazos e o cariño entre familiares, amigos e os noivos.

Deixa un comentario

Porta Azul

23 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

A porta do céu,

A porta do mar,

A cor da serenidade. 

Deixa un comentario

Tudo fica marcado na piel

21 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

O tempo, o movemento, o roze, tudo fica marcado na piel, tudoi vai deixando a sua marca sobre nós.

Deixa un comentario

Home olhando o Mar

18 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Boa maña de paseo por Samil, o Sol que hoxe quixo ser protagonista e nós necesitados del recibindo com brazos abertos, o mar sempre evoca a pensar e a se relaxar.

Deixa un comentario

Oferta recordatorios 2018

17 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Para esta temporada de Comuñóns dispoñemos de unha oferta amplia e variada de recordatorios e moitas novidades con respecto a temporada pasada, para visionar a gama de modelos clicar encima da foto

Deixa un comentario

Iván+Andrea

14 de febreiro, 2018 - Casamentos - Comentarios -
Deixa un comentario

Mergullador

14 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

No museo do mar un mergullador solitario observa o mar a través do cristal como se fora o ultimo ser vivo que fica no mundo.

Deixa un comentario

Regala Fotos

13 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Regalar fotos é regalar lembranzas, as lembranzas dos nosos mellores momentos.

Para as próximas comñóns escolle a sesión que prefiras, imprimea achegate a nosa tienda para facer a reserva e agasallaremoste con un 5% de desconto.

Deixa un comentario

Samil entre Lusco e Fusco

12 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Samil, Domingo 11/02/18 entre Lusco e Fusco

Deixa un comentario

Visita a expo do Pergamiño Vindel

11 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Un domingo é un bo dia para facer aquelas cousas que o traballo impide facer durante a semana, tiña pendente visitar a exposición que sobre o pergamiño Vindel está instalada desde fai un tempo no museo do mar, hoxe aproveitei a maña para saldar esta conta, recomendo a todo o mundo que se non se achegou o faga, tendes ata o 4 de Marzo para ir, teredes a oportunidade de coñecer unha parte importante da nosa identidade cultural, lingüística e musical, é un documento importantísimo  que na actualidade é propiedade dun museo norteamericano, se pensades ir o meu consello e que vos informedes en que horas hai visita guiada desa maneira sairedes dalí coñecendo con mais detalle todo o que envolve este documento e o seu tempo. Deixo unha serie de fotos que tirei na miña visita.

Deixa un comentario

Praza da Farola e Rua Urzaiz

10 de febreiro, 2018 - De paseo por Vigo - Comentarios -

A Farola da rúa Urzáiz non e un poste de iluminacion é obra de Jenaro de la Fuente e é un monumento centenario de Vigo que foi construído no seu local actual a mediados do século XX.En 1972 foi trasladada para Bouzas por causa da celebración da I Feira Mundial da Pesca e alí ficou durante anos para ser despois devolta ao seu local orixinal. Este impresionante monumento de pedra e ferro fundido, cheo de brazos de luz, é un dos tesouros do patrimonio civil de Vigo.

Deixa un comentario

Proceso de realización de unha Bandeirola Multiple

09 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Para a nova temporada de Comuñóns estamos creando unha serie de produtos novos, entre eles está a Bandeirola Multiple, tratase de  unha serie de fotos con estetica das bandeirolas que se utilizan en diversos momentos festivos, no video mostrase o proceso de realización de unha destas Bandeirolas:

Deixa un comentario

Rua Cesteiros ou da Cesteria

08 de febreiro, 2018 - De paseo por Vigo - Comentarios -

Está é unha das rúas mais tradicionais de Vigo e na que talvez se mostre mais que en ningunha outra a relación desta cidade co mar, nela, daí o seu nome, era abundantisimo o comercio de utensilios de vime que eran utilizados pola xente do mar para as sua labores diarias.

 

Deixa un comentario

Rua Real com Travessa da Esperança

07 de febreiro, 2018 - De paseo por Vigo - Comentarios -

Esta é unha das principais rúas do casco vello vigués, a rúa Real começa no Berbés e sube ata a Concatedral nesta praza conflue nela a Travesia da Esperanza que nos conduce ata a rúa Chao:

Deixa un comentario

Merdeirada Infantil

05 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Onte saiu a rúa a Merdeirada Infantil acompañada dos Merdeiros, andiveron polas rúas do casco Vello facendo as suas falcatruadas, batendo na xente e en todo o que atopabam diante deles.
Esta figura do Entroidol tradicional Vigués está sendo recuperada despois de un tempo esquecida e polo visto na tarde de onte a canteira é grande e está ben aprendida.

Avante o Entroidol!!!

Nesta ligazón podereis asistir a web do Merdeiro:

http://omerdeiro.org/



Clicar na foto para ollar a galeria de imaxes que tirei onte durante a Merdeirada:

Deixa un comentario

"Viaxe polo mundo da Máscara"

03 de febreiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

 

Foi onte que celebramos a inauguración da exposición de Mercedes Vázquez Saavedra "Viaxe polo mundo da Máscara"unha mostra que xira arredor do mundo dos Entroidos galego/portugueses, a mostra está composta por unhas 55 fotografías que representan os entroidos galegos e unhas 58 representativas do mundo da máscara portuguesa. A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira acolleunos como fai sempre con os brazos abertos e coa máxima colaboración a destacar a de Alfredo e Juan sen eles non seria posible realizar este acto.

A presentación correu a cargo de Juan Liñares en nome da Asociación Cultural Vista Alegre que estivo acompañado porla presidenta Dolores Sangiao, Juan agradeceu a Mercedes Vázquez Saavedra a súa dispoñibilidade para mostrar a súa obra na sala de exposicións da Asociación Cultural e fixo unha valoración das fotos presentes na expo. Seguidamente tocoume intervir a min como co-ordenador da mostra e amigo da artista que falei un bocadiño da miña relación con Mercedes, como nos coñecemos e sobre todo como conectamos nese mundo interior que algunhas persoas compartimos e que nos une sin que para iso sexa necesaria a presencia física. Seguidamente falou a protagonista da exposición, Mercedes explicou polo miúdo esa paixón que ten polo mundo da máscara, falounos das súas vivencias nelas das datas nas que se celebran e como curiosidade a xente soubo que en Portugal a maioría das máscaras saen no Natal, soubemos tamén detalles que envolven moitas das imaxes que fan parte da expo e ficamos con gañas de coñecer mais profundamente todo o que encerra esta representación cultural tan ancestral. Finalizou a quenda de palabra a concelleira de Cultura e Turismo do concello de Silleda Ana Luisa Gonzalez Costa que en nome do concello deu os parabéns a todos os que fixeran posible a mostra, en especial a Mercedes Vázquez Saavedra, e loubou o traballo presentado, animou a Asociación Cultural para continuar desenvolvendo unha actividade tan dinámica como a que veñen facendo ata a data.

Finalizouse o acto con uns petiscos para todas as persoas asistente na propia sala de exposicións.

Lembrar que a exposición vai estar aberta ata o 25 de Febreiro de Luns a Venres

Veñan mais!!!

Preme na foto para ver unha galería de imaxes do acto de inauguración:

Deixa un comentario

Historias de un Domingo

28 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Non todo na miña faceta de fotógrafo ten sempre como fin o interese comercial, eu son fotógrafo a tempo completo porque a fotografía é para min unha paixón, por veces surde a ocasión de exercitar esta paixón deixando nun segundo termino esa faceta comercial, este foi o caso de hoxe, vin que pasaba pola rúa na que vivo a carreira popular "I Carreira Calvario 5+5" organizada pola Asociación de Veciños do Calvario e decidin que tiña que fotografar a eses e esas esforzadxs deportistas asi que apañei a cámara e baixei a rúa, este é o fruto do meu traballo:

*Preme encima da foto para descargar as imaxes desta carreira e se participaches buscate, se te fotografei descarga a tua foto como premio ao teu esforzo, ollo tarda en cargar por que son muitas imaxes.

 *Se non queres que a tua imaxe apareza na web envianos un correo a viluxfotografia@gmail.com e procederemos o antes posible a retirada da imagen do noso servidor.

Deixa un comentario

Box 9*9

27 de xaneiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Para a nova campaña de Comuñóns estamos creando prodrutos exclusivos, neste video podedes ver o proceso de realización da Box 9x9 unha caixiña que incorpora unha tira de 7 fotos en tamaño 9x9, sen dubida este vai ser un dos produtos estrela deste ano.

 

 

Deixa un comentario

Fervenza do Toxa

16 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Paisagens

Deixa un comentario

Photoshop si, mais com moderación

16 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Vai unha noticia que parece ser certa do que se pode chamar abuso do Photoshop 

Preme encima da foto para acceder a noticia

FOTO

Deixa un comentario

Praia da Fonte

15 de xaneiro, 2018 - Dia a Dia - Comentarios -

Foto do dia: Praia da Fonte

:Foto do Dia

Deixa un comentario

Un novo horizonte

15 de xaneiro, 2018 - Casamentos - Comentarios -

 Un novo horizonte se abre ao superar outra etapa do camiño deste longo percorrido que comenzou alá por finais dos anos 80.

 

 

 

Despois de uns par de anos de transición chegou a hora de deixar atrás unha maneira de entender a fotografía e dar a benvida a outo xeito de vivir esta experiencia marabillosa que me acompaña no meu percorrido vital. hoxe comenza unha nova vida, hoxe inauguramos os soños.

 

FOTO

Tal como nos dixera Fernando Pessoa "Teño en min todos os soños do mundo" asi penso eu que é, cada un de nós temos no noso interior todos os soños do mundo, porque é con o noso mundo, con mundo de cada un de nós, que se cria o mundo inteiro. Vamos lá facer a camiñada destes soños.

Acompañadesme??

FOTO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O futuro sempre está no horizonte, que nunca nos falten as forzas para avanzar a pesar dos atrancos.

Deixa un comentario