Amaya

07 de setembro, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

 Pois si, onte fixemos a sesión de exteriores de Amaya, foi unha tarde de traballo tanto para Amaya como para nós pero o importante é que conseguimos os resultados esperados.

Comezamos en Castrelos, a nosa intención era a de situar a nosa modelo nun ambiente de pedra e verde xogando coa entrada de luces a través das arbores.

De segunda opción quixemos probar un lugar que aínda non fotografaramos profesionalmente, "Villa Solita", este local aportaba un ambiente vintage as fotos que nos pareceu moi adecuado para a nosa modelo.

Para rematar acercámonos ao Museo do Mar, un espazo é realmente interesante xa que nos aportou tres ambientes diferentes, en primeiro lugar fotografamos a Amaya sola co fondo do faro complementando coas rocas, tamén puidemos realizar algunhas fotos de Amaya paseando pola praia coa súa mamá Vanesa e a súa aboa María.

Despois subimos ao Museo e realizamos fotos onde xogamos coa arquitectura do propio edificio, liñas horizontais e verticais, ventás e o propio chan que proporcionan as fotos unha marcada profundidade todo dentro da maxia que lle proporciona ao lugar a impresionante paisaxe marítima coas Cíes de fondo.

Xa ao final baixamos a pequena Praia da esquerda do Museo para fotograr a Amaya ao Por do Sol, fotos románticas e entrañables brincando coa auga e coa súa nai.

E como non pode ser doutra maneira e para non variar os costumes, modelo e fotógrafo acabaron na auga, iso si: Pasámolo ben, ben!!!!

Grazas Amaya por nos soportar durante toda a tarde dando sempre o mellor de ti, és unha modelo espléndida.


Grazas Vanesa e María por confiar en nós, espero que os resultados finais sexan o que buscabades.

 

Deixa un comentario

Sesión Exteriores Amaya

06 de setembro, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

Hoxe temos, para completar a reportaxe de Comuñón de Amaya, a sesión en exterior; fainos moita ilusión esta sesión que levamos tempo por unhas causas ou por outras adiando.  Amaya é unha modelo super natural, divertida e espontánea como xa nos deixou ver na sesión en plató, así que co planing feito o dia que parece que vai acompañar a complicidade de Amaya e o que nós poidamos aportar esperamos divertirnos e obter uns resultados óptimos.

Que chegue a hora xa!!

Deixa un comentario

A Historia de Naia

17 de xullo, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

Deixa un comentario

Creación de un decorado de Comuñón

03 de abril, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

O oficio de fotógrafo non é soamente apertar o disparador e foto feita, por trás diso hai una investigación constante de composición de luz de decorados, poses etc. etc.

Facer esta foto levoume unha semana de traballo, primeiro imaxinei a foto e a partir daí comencei a traballar comprando todo o necesario para construir o decorado despois preparando a parte electrica montando todas as lamparas e instalando no estudio todo o necesário para que cada luz ficara onde eu queria, ao final compuxem a foto co primeiro que tiña a mao, esas flores, porque o importante era conseguir esa iluminación que vai ser este ano un dos decorados da campaña de comuñóns 2018.

Deixa un comentario

Album Kids

27 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Este é un novo modelo de album pensado para Comuñóns, en tamaño 20x20 o acabado pódese convinar con diversas cores e materiais, a presentación é sempre nunha caixa que ao igual que o album tamén pode ser convinada con diversos materiais.

Deixa un comentario

Oferta recordatorios 2018

17 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Para esta temporada de Comuñóns dispoñemos de unha oferta amplia e variada de recordatorios e moitas novidades con respecto a temporada pasada, para visionar a gama de modelos clicar encima da foto

Deixa un comentario

Regala Fotos

13 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Regalar fotos é regalar lembranzas, as lembranzas dos nosos mellores momentos.

Para as próximas comñóns escolle a sesión que prefiras, imprimea achegate a nosa tienda para facer a reserva e agasallaremoste con un 5% de desconto.

Deixa un comentario

Proceso de realización de unha Bandeirola Multiple

09 de febreiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Para a nova temporada de Comuñóns estamos creando unha serie de produtos novos, entre eles está a Bandeirola Multiple, tratase de  unha serie de fotos con estetica das bandeirolas que se utilizan en diversos momentos festivos, no video mostrase o proceso de realización de unha destas Bandeirolas:

Deixa un comentario

Box 9*9

27 de xaneiro, 2018 - Comuñóns - Comentarios -

Para a nova campaña de Comuñóns estamos creando prodrutos exclusivos, neste video podedes ver o proceso de realización da Box 9x9 unha caixiña que incorpora unha tira de 7 fotos en tamaño 9x9, sen dubida este vai ser un dos produtos estrela deste ano.

 

 

Deixa un comentario