Inauguración Exposición "Vigo é Rural"

04 de abril, 2019 - Dia a Dia - Comentarios -

Onte as 19:00 horas inauguramos no Colexio Calasancias a exposición "Vigo é Rural" exposición enmarcada dentro do proxecto "Vigo non é de Plástico"que está realizando o colexio.

Con unha alta asistencia de público, na maioría familias dos alumnos do cole.

Despois da benvida e de unhas interesantes palabras sobre o que nos congregaba alí por parte do director do Centro e da Directora Pedagóxica que remarcou con todo o merecemento o traballo de algúns dos alumnos da ESO con os que comparto espazo expositivo, puiden explicar as persoas que nos acompañaban un pouco por encima como foi o proceso de creación desta serie fotográfica.

Mais tarde visitamos a mostra e detivémonos en algunha das fotografías para comentar en que lugar estaba feita ou algunha outra particularidade que chamaba a atención dos asistente.

Foi un dia de moito traballo pero foi un dia bonito.

Lembrade que a expo estará aberta ata o dia 31 de Maio con o seguinte horario:

de Luns a Xoves de de 17:00 a 19:00 e os Venres de 16:00 a 18:00

 

Deixo aquí algunha das fotos do acto de onte

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

3 + 8 =
Ver anterior Ver seguinte
Últimas entradas
Categorías