Amaya

07 de setembro, 2019 - Comuñóns - Comentarios -

 Pois si, onte fixemos a sesión de exteriores de Amaya, foi unha tarde de traballo tanto para Amaya como para nós pero o importante é que conseguimos os resultados esperados.

Comezamos en Castrelos, a nosa intención era a de situar a nosa modelo nun ambiente de pedra e verde xogando coa entrada de luces a través das arbores.

De segunda opción quixemos probar un lugar que aínda non fotografaramos profesionalmente, "Villa Solita", este local aportaba un ambiente vintage as fotos que nos pareceu moi adecuado para a nosa modelo.

Para rematar acercámonos ao Museo do Mar, un espazo é realmente interesante xa que nos aportou tres ambientes diferentes, en primeiro lugar fotografamos a Amaya sola co fondo do faro complementando coas rocas, tamén puidemos realizar algunhas fotos de Amaya paseando pola praia coa súa mamá Vanesa e a súa aboa María.

Despois subimos ao Museo e realizamos fotos onde xogamos coa arquitectura do propio edificio, liñas horizontais e verticais, ventás e o propio chan que proporcionan as fotos unha marcada profundidade todo dentro da maxia que lle proporciona ao lugar a impresionante paisaxe marítima coas Cíes de fondo.

Xa ao final baixamos a pequena Praia da esquerda do Museo para fotograr a Amaya ao Por do Sol, fotos románticas e entrañables brincando coa auga e coa súa nai.

E como non pode ser doutra maneira e para non variar os costumes, modelo e fotógrafo acabaron na auga, iso si: Pasámolo ben, ben!!!!

Grazas Amaya por nos soportar durante toda a tarde dando sempre o mellor de ti, és unha modelo espléndida.


Grazas Vanesa e María por confiar en nós, espero que os resultados finais sexan o que buscabades.

 

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

3 + 5 =
Ver anterior Ver seguinte
Últimas entradas
Categorías