CASAMENTOS

Fotografando Emocións...

O pre-Voda;

Valoramos sobre todo de esta sesión anterior ao evento o seu valor ensaístico, a pre-voda danos a oportunidade de coñecernos nun ambiente fotográfico e sobre todo permite os noivos enfrontarse a cámara e romper esa distancia fría que en algunha persoas provoca ser o punto de atención de un obxectivo.

O día da Voda;


O noso reto é fotografar os acontecementos tal como suceden, coa mínima intervención sobre eles, realizamos un traballo documentalista movéndonos discretamente de maneira que pasemos desapercibidos, esta é a forma de plasmar nas imaxes o verdadeiro espírito do enlace.


A post-Voda:

Aquí buscamos a foto mais traballada atendendo a varios aspectos, o ambiente, a pose, a luz e a composición; non obstante gústanos crear unha atmosfera relaxada para que a pesar de ser unha fotografía menos espontánea continúe tendo o punto de naturalidade necesario para que manteña a maxia da espontaneidade.