Planificando o voso Casamento

Pre-casamento, si/non? Post-casamento, si/non? A que hora temos que estar preparados? A que hora teño que chegar a cerimonia? Como vamos facer as fotos dos grupos familiares, dentro/fora? Donde vamos facer as fotos de exterior? Canto tempo vamos tardar? Ata que hora vas estar no restaurante? estas son as vosas preguntas.

Como imaxinades que van ser as vosas fotos? como vos gustarian que foran? Cales son as vosas aficións? Tendes reparo a hora de expoñervos ao publico? estas són as nosas preguntas.

Si, sabemos que son un monte de preguntas pero: 

acougar!! 

son preguntas que teñen facil resposta se as resolvemos  en conxunto entre vós e máis nós, e son preguntas necesarias para obter uns resultados optimos, diso se trata, de planificar e comenzar o traballo pola base, porque un casamento comenza a fotografarse o dia en que vós, os noivos, decidides quen se vai encargar de realizar as  fotos dese dia tan especial.

Vamos con un exemplo do proceso de traballo que acostumamos a seguir:

 Este é o noso  método de traballo

 Paso 1: O primeiro contacto

Tal vez chegarades aqui por que alguén vos falou de nós ou quizas o motivo fora outro, fora como fora comenzaremos de cero e falaremos neste primeiro contacto de datas para certificar que poderemos cubrir o evento, ademáis faremos unha primeira valoración que sirva para comprobar que por ambas partes coincidimos no primordial e polo tanto podemos avanzar co o horizonte de realizar o traballo. O obxetivo principal deberia ser marcar unha data para un seguinte encontro donde xa poder tratar con detalle todo a respecto dese encargo.

Paso 2: O momento da planificación

Verémonos por segunda vez, coñecerémonos máis a fondo e vamos prestar atención aos detalles. Vamos realizar pre-casaemento e post-casamento?, como imaxinades as vosas fotos?, que tipo de álbum queredes?, falaremos de localizacións, traxes e demais detalles, deixamos cerrado o tema dos prezos e poderemos responder calquera pregunta que teñades.

Concretaremos horas do evento, intercambiaremos números para que poidas contactarnos en calquera momento e a partir daqui manterémonos en contacto ata o día da  celebración.

Esta consulta inicial é moi importante para que toda a experiencia fotográfica posterior vaia xenial. Esta reunión vainos permítir coñecervos e averiguar exactamente o que necesitades. Tamén nos permite sentirnos mais cómodos durante o día da reportaxe, que é moi importante porque vos axudará a relaxarvos e que as fotos teñan toda a naturalidade que lle queremos imprimir. Neste dia tamén marcaremos a seguinte cita.

 Paso 3: Antes do gran día

Uns 10 dias antes do gran dia volveremos a reunirnos desta volta será para certificar que todo o falado ata aquí se mantén tal como acordaramos ou matizar calquera modificación de última hora.

Paso 4: O Gran día

 E chegou o dia, a predisposición ten que ser sempre positiva, sabemos que todo está baixo control, sabemos o que queremos e confiamos en nós así que todo o que temos que facer é divertirnos; disfrutar de estar con a vosa xente e vivir intensamente cada instante, e nós disfrutar realizando esas fotografías que van deixar constancia da felicidade dese acontecemento e coas que poderedes revivir ese dia de novo cada vez que visionedes unha desas imaxes.

Despois de pasado o dia compartiremos alguna imaxes nas redes sociais a espera de que o traballo final estea listo para poder ser entregado.

Paso 5: Primeiro visionado

Despois de un tempo, que dependera de varias circunstancias, chega a hora de botar unha primeira ollada ao traballo, neste momento tratase de unha primeira valoración e analise do pre-álbum que vos presentamos. Acabado este proceso xa só resta aguardar que se imprima o traballo para proceder a entrega do voso álbum de voda.

Paso 6: A super entrega

Esta é definitivamente a parte máis emocionante do proceso! Despois do tempo marcado desde a data da voda, reunirémonos no estudio para visionar todo o traballo acabado, e sen dúbida volveremos lembrar e comentar os momentos máis emocionantes e entrañables das vivencias conxuntas, estamos certo que a partir dese día volveremos a encontrarnos para vivir outros eventos xuntos.

Preparados para as vosas impresionantes imáxes?  Comencemos>>

Galerias