COMUÑÓNS

A fotografía de Comuñón é unha marabillosa oportunidade para, ademais de realizar uns bonitos recordatorios con os que agasallar a familiares e amigos o dia da celebración, convertela nunha sesión de estudio da/o protagonista e da súa familia que ten como obxectivo deixar plasmada esa etapa da vida na que se está producindo nos fillos a transición da idade infantil a adolescencia, a nosa proposta é aprobeitar a ocasión para realizar unhas sesións amplías donde se inclúan fotos do protagonista ainda que non sexan especificamente de Comuñón.

Comezaremos facendo diferentes poses coa roupa que mais lle guste a protagonista, despois incluíremos ao resto da familia coa que tamén vamos realizar diversas poses, mais tarde pasariamos as fotografías  especificas de Comuñón vestido xa con ese maravilloso traxe que vai lucir no dia da cerimonia, aquí evidentemente tamén tomaremos fotos variadas, unhas mais formais outras mais desenfadadas e divertidas, tamén incluiremos fotos co resto da familia, e xa cara o final da sesión realizariamos algunhas tomas que nos mostren ao protagonista acompañado de algún elemento que sexa especial para el, imaxinemos que fai xinasia rítmica ou xoga ao futbol, nese caso nas fotos incluiriamos elementos nos que se vexa realizando esa actividade e coas ropuas e traxes especificos dela; a realización destas fotografías ten como obxectivo dúas cousas importantes, por un lado permítenos personalizar mais o traballo e por outro o neno a nena sabendo que vai realizar esas fotos vai estar moito mais motivado para o resto da sesión de fotos.

As sesións solemos  realizalas en plató en exteriores ou en ambas localizacións.